
Amsterdam é unha cidade chea de historia, comercio, industria, con
cantidade de museos interesantes e divertidos, nos que te podes perder
entre pinceladas de grandes mestres como Van Gogh ou
Rembrandt.

Tamén che propoño unhas excursións a cidades encantadoras de arredor de
Amsterdam, como Aalsmeer, Rotterdam, Alkmaar, A Haia ou
Delft.
Pasear por Amsterdam, as súas canles, a súa arquitectura,... é incrible e
emocionante.
É unha cidade cativadora e relaxada.

As súas xentes son amables e simpáticas. Podes gozar da cidade dando un paseo en barco polas canles, en bicicleta - como o fai a maioría de
cidadáns - ou simplemente a pé.

E,¿quen non oíu falar do Barrio Vermello? A prostitución en Holanda tamén legal, as prostitutas teñen o seu propio sindicato. Hai que darse unha volta e descubrir o sexy e atrevido do barrio.
Como xa sabedes en Holanda é legal fumar marihuana nos coffeeshops, non pola rúa como moitos pénsanse.
En definitiva Amsterdam está considerada coma a cidade máis aberta e tolerante do mundo.


este pais é moi bonito, ademas que se pode gozar moito en
ResponderEliminarbicicletas
aaaamsteerdaaan, quieroooo iiirr!
ResponderEliminar